Servizos Deportivos

En Viraxes S.L realizamos a xestión de instalacións e servizos deportivos e proveemos de equipamento deportivo ás entidades que así o requiran. Establecemos diversas liñas de traballo claramente definidas que se corresponden con outras tantas áreas.

XESTIÓN INTEGRAL DE INSTALACIÓNS E COMPLEXOS
para a Actividades Física, a Saúde, o Ocio, o Deporte…

Satisfacemos as necesidades das entidades públicas e/ou privadas que dispoñen de instalacións deportivas e que queren externalizar a xestión ou algún dos seus servizos.

Organización de eventos, actividades e impartición de cursos

FORMACIÓN E SERVIZOS DEPORTIVOS

Ofrecemos programas e accións formativas dirixidas ao reciclaxe e á especialización dos traballadores pertencentes á nosa empresa co obxecto de mellorar a calidade dos nosos servizos. Ademais de dar servizos de carácter deportivo, tamén nos adicamos a xestionar actividades extraescolares de calquera tipo, asociacionismo, ampas, etc.

Venda de Equipamento

EQUIPAMENTOS DEPORTIVOS

Facilitamos aos nosos clientes a adquisición, instalación e o mantemento do equipamento máis adaptado ás súas circunstancias e necesidades. Traballamos con diferentes empresas para a consecución do material máis idóneo para o desenvolvemento das actividades realizadas polos nosos clientes.

CONSULTORÍA E ASESORAMENTO TÉCNICO

Realizamos traballos de consultoría e asistencia técnica sobre a planificación, programación, e desenvolvemento de diferentes servizos e actividades deportivas en función dos seus condicionantes (materiais, humanos, económicos e sociais).
Estudamos e analizamos o grao de satisfacción dos clientes das instalacións deportivas públicas e privadas, dos seus servizos e das súas actividades.
Realizamos estudos de viabilidade, plans estratéxicos, de xestión, posta en marcha e formación.
Poñemos a disposición do cliente un equipo multidisciplinar, cunha ampla experiencia na planificación e organización de servizos e instalacións deportivas.

XESTIÓN INTEGRAL DE PRAIAS

Consideramos as praias coma un recurso e un instrumento competitivo entre os distintos atractivos turísticos da nosa comunidade, o que nos leva a formular novos retos e a adoptar unha forma distinta de xestionar os recursos naturais.

SERVIZOS ENERXÉTICOS

Ofrecemos de forma totalmente personalizada todos os servizos e cubrimos tamén de forma totalmente personalizada as necesidades da súa empresa relacionadas co aforro de enerxía, obtendo información clara sobre a situación real da empresa e sobre as ofertas recibidas das compañías provedoras.


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información. ACEPTAR

Aviso de cookies