¿Quen somos?

Viraxes S.L é unha empresa de servizos constituída por Técnicos Superiores e Licenciados cun gran nivel formativo e experiencia en diversos ámbitos, destacando especialmente na actividade física, os diferentes deportes, o ocio, a saúde, a educación e a cultura.

A xuventude da empresa contrasta coa dilatada experiencia que os seus socios-administradores aportan á mesma, ao teren desempeñado durante distintas etapas profesionais, cometidos de gran relevancia nos ámbitos citados, tanto no sector privado coma no público, o que nos permite levar a cabo cualquer reto no ámbito específico da xestión deportiva, da actividade física e do deporte en xeral.

O noso principal obxectivo social é a xestión e prestación de servizos deportivos, recreativos, educativos, culturais, de saúde e de ocio. Nacemos cunha clara vocación de prestar servizos integrais a todas aquelas entidades e institucións tanto públicas coma privadas que precisen de calidade e de especificidade.

Un equipo humano formado por profesionais altamente cualificados traballa permanentemente para optimizar todos os recursos, cun servizo realizado con esforzo, tempo e adicación para ofrecer un traballo ben feito e de calidade.

A filosofía da nosa empresa baséase na mellora continua, para o cal desenvolvemos de xeito continuado novas iniciativas adaptadas ás necesidades do cliente e buscamos en todos os nosos servizos a excelencia e a calidade total.

Compromisos

1

  • Compromiso total da dirección da empresa coa calidade, desenvolvendo políticas de xestión que a favorezan.

2

  • Plan de formación interno e externo anual para todos os nosos empregados (adícase unha porcentaxe da facturación total da empresa a este departamento).

3

  • Desenvolvemento de manuais, procedementos, instrucións, e formatos que explican o sistema de calidade. Todos os servizos terán os seus manuais de actuación (recepción e atención ao cliente, mantemento e limpeza, salvamento e socorrismo, técnicos deportivos e actividades, dirección e administración), polo que a xestión se realiza dun xeito eficiente.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información. ACEPTAR

Aviso de cookies