“Esta tempada faremos a milla do Anllóns e unha carreira en Razo”

A entidade fundada o ano pasado toma novos pulos nesta tempada


Presidente: Andrés Eirís Barca
Nombre del club de atletismo: Os Muditos
Correo de contacto: osmuditos@gmail.com


Título: «Esta tempada faremos a milla do Anllóns e unha carreira en Razo»
Autor: José M. Ferreiro
Medio: carballo / La Voz
Publicado el: 23 de septiembre de 2013 (05:00)
Enlace a la publicación: www.lavozdegalicia.es


O Club Atletismo Os Muditos de Carballo, que preside Andrés Eirís Barca, fundouse en xaneiro do ano pasado e agora retoma a actividade, cun obxectivo claro que non é outro que o de promover este deporte.

Entrevista

  • ¿Por que estiveron parados estes últimos meses?
  • -O problema foi que eu non vivía en Carballo debido ao meu traballo e agora volvín para aquí. Aproveitando iso, retomamos este labor e intentamos que o club sexa unha realidade con actividade continuada. Adestramentos e competicións.

  • ¿Teñen previsto organizar algunha proba?
  • -O noso obxectivo é sacar adiante a milla do río Anllóns e outra carreira máis na praia de Razo. A primeira será no mes de abril e para a segunda aínda non temos data. Este é o primeiro ano, por así dicilo, e a ver se conseguimos potenciar un pouco o atletismo.

  • ¿En que outras actividades están a traballar agora?
  • -O primeiro é comezar os adestramentos diarios. Tanto Javier Novo como eu temos titulación de adestradores de atletismo a nivel nacional. Seremos os que coordinaremos as sesións para aquelas persoas que o desexen. Por iso calquera interesado, independentemente de idade ou sexo, que queira facer atletismo pódese poñer en contacto con nós no correo electrónico osmuditos@gmail. ou ben chamando ao teléfono 659 498 353.

  • ¿Cando comezarán?
  • -A escola de atletismo iniciarémola en outubro, con dúas sesións os luns e os xoves no pista do campo de fútbol 5 do Chorís. É para rapaces de entre 6 e 16 anos, pero ademais da escola tamén temos quedadas para os maiores, dous días á semana.

  • ¿Pero carecen de instalacións para a práctica do atletismo?
  • -É certo. De momento empregaremos o campo do Chorís, pero estamos facendo xestións para que nos deixen adestrar no circuíto de motor de Bértoa e no campo de fútbol de Conservas Calvo.

  • ¿De onde ven o de Os Muditos?
  • -O nome do club foi un pouco para escapar de poñer un relacionado con Carballo, aínda que no logo figuran a sombra de dous corredores, que son en realidade dos carballos.

  • ¿Quen forma a directiva?
  • -Lucía Vázquez é a secretaría; Alejandro Eirís, o tesoureiro, e Javier Novo, Javier Río e Constante Lorenzo, vocais.. De todas formas, non está pechada e o que queira formar parte, pode.

    Andrés eirís barca presidente do club deportivo os muditos de carballo

    Andrés Eirís é habitual nas probas da comarca.ANDRÉS EIRÍS BARCA PRESIDENTE DEL CLUB DEPORTIVO OS MUDITOS Andrés Eirís é habitual nas probas da comarca.

    Uso de cookies

    Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información. ACEPTAR

    Aviso de cookies